A imaxe da aplicación aparece cortada na TV. Que facer?

A imaxe cortada adoita deberse a un axuste de escala ou de imaxe no aparello conectado á TV, ou na propia TV. Mira a continuación que facer en cada caso.

PC con Windows conectado á TV

Se usas un PC con Windows conectado a unha TV, Windows pode axustar a visualización a unha escala maior ca a predeterminada, e a aplicación queda coa pantalla cortada.

  1. Fai clic co botón dereito do rato no escritorio de Windows.
  2. Escolle a opción Configuración de pantalla.
  3. Na xanela que se abra, vai ata a opción Escala.
  4. Cámbiaa a 100%.
  5. Reinicia o ordenador.

Axuste de imaxe da TV

Se isto non o soluciona, ou se usas outro tipo de aparello, comproba na configuración da TV se o axuste de imaxe está en Axuste automático, 16:9 ou noutra opción.

Normalmente o Axuste automático é suficiente, pero nalgúns modelos pode ser necesario probar outras opcións ata que a imaxe encaixe.

TV Box con Android

Algúns modelos de TV Box con Android teñen unha opción de Zoom que fai que a imaxe quede cortada en todas as esquinas da pantalla. Nese caso, axusta o Zoom na configuración do aparello Android.

Non atopaches o que buscabas?

Ponte en contacto co noso equipo de soporte.

Contactar co soporte